Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Música, maxia e danza no programa de Cultura no Camiño no Grove

Fecha: 2017-03-20

 

 

Estas actividades cumprimentaran o programa cultural de primavera e verán que esta preparando o Concello do Grove.

 

Un ano máis o Concello do Grove foi seleccionado para participar no programa de divulgación cultural “Cultura no Camiño” que organiza a Xunta de Galicia e que subvenciona ao 50% entre a institución autonómica e o Concello. Isto permite achegar ao Grove actuacións do circuíto artístico galego que serán programadas durante os vindeiros meses.

 

Deste xeito contarase coa música do grupo Gelria, que actuará na praza do Corgo o 16 de maio dentro da programación de celebración do Día da Letras Galegas. Tamén estará no escenario da praza o Mago Teto, quen o pasado ano obtivera un notable éxito co seu espectáculo “Tolemaxias” e que nesta ocasión ofrecerá una actuación de grande despregue audiovisual titulada “Íntimo”. O Mago Teto actuará o 25 de xullo e, xa en agosto, concretamente o día 19, está previsto un espectáculo de “Tango en Galicia”, que permitirá que os asistentes participen deste baile.

 

Como se ten indicado, trátase de actuacións xa confirmadas que acompañan o programa cultural no que se está avanzado e que será posto en marcha a partir de maio, tendo os seus eixes principais na praza do Corgo e nas rúas do concello durante a primavera e o verán.