Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca a veciñanza a unha charla informativa sobre proxectos e financiamento

Fecha: 2017-04-06

Na reunión darase conta das obras prevista mediante o financiamento do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e tamén dos fondos dispoñibles a nivel municipal.

 

O Concello do Grove segue avanzando no relativo ás obras e proxectos que vai levar ao cabo durante o ano 2017. Logo de presentar o proxecto do auditorio, o vindeiro venres 7 de abril, ás 21.00 horas, na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, convoca os veciños e veciñas para informar directamente sobre as obras previstas no relativo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

 

Segundo a dinámica marcada desde o comezo do mandato polo goberno do Grove, a intención é que a veciñanza estea ao tanto dos proxectos que se emprendan, aplicando criterios de transparencia e participación. Dun xeito máis concreto, o goberno do Grove traballou nos últimos meses —desde a confirmación da dispoñibilidade de fondos da Deputación— no estudo de necesidades e no desenvolvemento de propostas concretas.

 

Durante a charla do venres o alcalde será o encargado de presentar as propostas relativas á humanización da rúa Castelao (xa presentada aos veciños e comerciantes desa rúa), ao cambio da rúa Beiramar á altura da confraría, á proposta de pistas deportivas na zona de Peralto-Confín, a acometida de saneamentos de urxencia (necesarios polo mal estado de tubaxes), entre outras. Na mesma reunión tamén se falará de orzamentos municipais e de préstamos solicitados, aclarando as dúbidas xurdidas nas últimas semanas.

 

Ante a importancia dos asuntos que se van abordar, xa que se trata das accións que serán postas en marcha polo Concello durante o ano 2017, agárdase contar con asistencia e participación dos veciños e veciñas.