Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove invita a bares e restaurantes a participaren nos Cantos de Taberna de 2017

Fecha: 2017-04-06

Onte mércores 5 de abril ás 18.00 h tivo lugar na Sala das Cunchas do Concello do Grove unha reunión cos bares e a veciñanza da localidade. Acordáronse diferentes puntos de importancia para o desenvolvemento da actividade Cantos de Taberna. Preténdese darlle unha maior cobertura de grupos e días a esta actividade e mellorar o sistema de xestión dos grupos atendendo á experiencia do pasado ano.

 

A actividade realizarase os sábados 29 de abril, 27 de maio, 10, 17 e 24 de xuño do 2017. Esta xa conta con dez agrupacións preinscritas, que ao comezo de cada xornada cantarán e lerán poemas dedicados ao homenaxeado do día. Deste xeito, os Cantos de Taberna deste ano pretenden homenaxear ás persoas que tiveron un especial papel nesta forma de expresión cultural. Entre os nomes que xurdiron están os de Francisco Padin, Francisco Caneda (ou Francisco o Coxo), Román Outeda ou Moncho o da Imprenta.

 

A organización, asociación cultural e musical Os Firrás, e o Concello do Grove buscan a participación do maior número posible de locais. A cota para participar estímase en 75 € e a data limite para inscribirse é o 20 abril de 2017. As inscricións poden facelas a través do correo electrónico lorafirras121956@gmail.com ou no teléfono 629 876 233.