Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove asiste ao XII Encontro de Vilas Termais

Fecha: 2017-04-06

O Encontro e Asemblea celebraranse o sábado e o domingo no auditorio de Caldas de Reis.

 

Mañá venres dará comezo no auditorio de Caldas de Reis o XII Encontro de Vilas Termais. Trátase da reunión anual que organiza a Sección de Vilas Termais dependente da Federación de Municipios e Provincias (FEMP) da que O Grove forma parte. O amplo programa da xornada contempla mesas redondas de intercambio de experiencias de vilas con balnearios e augas medicinais de toda España.

 

O Concello do Grove terá unha participación activa o sábado nunha mesa redonda sobre “Boas prácticas nas vilas termais” e tamén na Asemblea da Sección que terá lugar ás 12.00 horas dese mesmo día. A presenza do Concello neste acto resulta de grande importancia debido á necesidade de manter a imaxe da Illa da Toxa como referente no termalismo en Galicia.

 

Esta sección ten como obxectivo “facer os municipios termais prósperos e sostibles para os habitantes, e destinos atractivos para os visitantes”. Iniciativas coas que o Concello do Grove xa esta a traballar, como se adiantou en pasadas semanas, e coas se busca poder mellorar coa colaboración e as experiencias dos demais municipios.