Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove recibe dúas subvencións para á adquisición de material bibliográfico en galego

Fecha: 2017-04-11

A Rede de Bibliotecas do Grove comeza unha colección infantil relacionada coa arte.

 

O pasado marzo aprobáronse dúas resolucións polas que o Concello do Grove se beneficiou da dotación de fondos da Xunta de Galicia para a adquisición de nova bibliografía en galego.

 

A primeira delas resolveuse o pasado 20 de marzo e correspondía a unha axuda da Rede de Bibliotecas de Galicia pola que, aplicando o sistema de puntuación establecido, a biblioteca do Grove obtivo 1757,87 € para a adquisición de títulos en galego que as editoriais publicaron no último ano.

 

A segunda subvención aprobouse o pasado 29 de marzo e concédelle á biblioteca e ás axencias de lectura públicas do Grove 3678,02 € para a mellora das coleccións, o que lle permitirá a compra de libros en galego e en castelán.

 

Os fondos acadados nas subvencións fan un total de 5435,89 € para a adquisición de novos exemplares. Desde o Concello do Grove anímase a toda a veciñanza a achegarse ás bibliotecas do concello e empezar a gozar das novidades que se están a adquirir ou para facer as súas propias suxestións sobre as novas adquisicións.

 

A Rede de Bibliotecas do Grove está a usar esta subvención para completar coleccións. Creou unha sección de axuda aos pais e nais para a cal se adquiriron libros de axuda para lles facer fronte ao uso das novas tecnoloxías, aos estudos dos seus fillos ou incluso para tratar con diversas enfermidades, como a síndrome de Down. Tamén realizou a adquisición de exemplares infantís relacionados coa arte  e comprou novidades para a filmoteca con títulos para todas as idades.