Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

En marcha a limpeza das estradas da Deputación Provincial no termo municipal do Grove

Fecha: 2017-04-12

 

As actuacións de roza e limpeza comezaron xa o luns en San Vicente. Seguen pendentes as estradas que dependen da Xunta de Galicia.

 

Coincidindo co plan do Concello do Grove para a posta a punto do municipio para a temporada alta do turismo, reforzando o servizo de limpeza e de praias, a Deputación de Pontevedra tamén puxo en marcha un operativo para a roza e limpeza das vías da súa titularidade no municipio do Grove.

 

A limpeza comezou na parroquia de San Vicente máis próxima á zona coñecida como A Batería e continuará mañá cara á estrada que chega ao xacemento do Carreiro. Deste xeito estas vías atoparanse en perfectas condicións para os próximos festivos e contribúen á boa imaxe turística da vila.

 

Queda pendente, porén, que a Xunta de Galicia faga o propio nas súas estradas nas que, nalgún caso, e ante o seu mal estado, tiveron que actuar operarios municipais realizando arranxos de xardineira (como na zona de Ardia) e roza. Deste xeito, o Concello demanda do ente autonómico que se faga cargo dos espazos, xa que resulta fundamental para manter unha imaxe adecuada do Grove.