Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca unha Andaina Solidaria polo Día da Muller Traballadora

Fecha: 2017-04-12

 

 

Terá un percorrido urbano para animar a veciñanza e os visitantes a incorporarse e participar nesta actividade en busca da igualdade de xénero.

 

O vindeiro domingo 16 de abril ás 10.00 h, na praza do Corgo do concello do Grove terá lugar a saída da andaina solidaria polo Día da Muller Traballadora. Trátase da actividade que se aprazara por mor do mal tempo nas pasadas semanas.

 

O percorrido ten saída no Concello do Grove, praza do Corgo, Paseo de Lordelo, Estrada do Conde, continuando por Virxe das Mareas, O Porto de Meloxo, avenida de Portugal, Luis A. Mestre, Xoán XXIII, Tenente Domínguez, Paseo de Confín e fin na Casa do Concello. O percorrido ten unha distancia de 12 km, por este motivo decídese facer un trazado urbano, para facilitarlle á veciñanza e aos visitantes a súa participación. Deste xeito todo o mundo poderá comezar a andaina e, en caso de non poder continuar, ao ser un percorrido longo, poderán parar a descansar e incorporase  de volta despois.

 

Non é precisa inscrición e a participación é de balde. Dende o goberno municipal solicitase a participación de toda a veciñanza e das persoas que nos visitan pola Semana Santa. Esta andaina reivindica a loita polos dereitos da muller, e non só as mulleres deben apoiar súa loita, senón que se anima tamén aos homes do municipio a concienciarse e participar nunha actividade solidaria en favor da igualdade.