Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove recibe o apoio da Deputación para o mantemento do grupo de Emerxencias

Fecha: 2017-04-13

O ente provincial confirma o apoio económico para manter este servizo no Grove.

 

A Deputación de Pontevedra ven de confirmar a axuda económica para o mantemento no Concello do Grove dun grupo municipal de atención de Emerxencias. Deste xeito dende este ente indícase que se concede a totalidade da achega solicitada (41.660,78 euros) sempre que esta se articule a través dun convenio de cooperación no que participen Concello, Deputación e Xunta de Galicia, tal e como se fixo nos anos anteriores desde que este servizo se converteu en estable no Concello.

 

É precisamente o apoio da Xunta de Galicia o que segue pendente de confirmación, non contando ata o de agora con ningunha información ao respecto. Lembramos que este servizo foi asumido polo Concello do Grove por unha sentenza xudicial relativa a situación laboral dos traballadores, pero que o seu funcionamento depende en gran medida das achegas doutras institucións ao non contar o Concello con dotación suficiente para darlle cobertura. Deste xeito, é necesario que a Xunta de Galicia manteña, polo menos as axudas que se outorgaron os dous últimos anos.