Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove acolle a presentación da Incubadora de Proxectos

Fecha: 2017-04-17

A mocidade interesada en participar recibirá información sobre as distintas subvencións.

 

O próximo 24 de abril ás 19.00 h, na Sala das Cunchas do Concello do Grove, terá lugar unha charla informativa sobre a denominada “incubadora de proxectos”. Trátase dunha iniciativa para os mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco de programas de educación non formal e busquen mellorar as súas competencias e destrezas na recadación e execución de proxectos. Informarase de subvencións como Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil ou Galeuropa.

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado xunto co Concello do Grove animan a todo a xuventude a achegarse a esta charla onde poderán acadar os medios para levar a cabo as súas ideas e proxectos mediante a presentación dos seus proxectos en programas de desenvolvemento xuvenil.

 

O prazo de inscrición para participar nesta presentación remata o vindeiro 21 de abril. Os interesados poden inscribirse ou solicitar información de forma gratuíta na OMIX do Grove a través do teléfono 986 730 609 ou no correo electrónico omix@concellodogrove.es.