Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove inaugura a exposición ‘Sorrisos Transformadores’ no IES As Bizocas

Fecha: 2017-04-19

"Sorrisos transformadores" é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa asociación ARELAS e conta con fotografías de Noemí Chantada.

 

Hoxe mércores 19 de abril, ás 11.30 h no IES As Bizocas terá lugar a inauguración da exposición de fotografía “Sorrisos Transformadores”. Asistirán a presidenta da asociación ARELAS (Asociación de Familias de Menores Transexuales de Galicia), Cristina Palacios; a Deputada de igualdade da Deputación de Pontevedra, Isaura Abelairas e a Concelleira de Obras, Servizos e Medio Ambiente, Ángeles Domínguez.

 

A exposición estará dispoñible nas Bizocas do 18 ao 23 de abril, pasando posteriormente á praza de abastos do Grove, onde poderá ser visitada do 24 de abril ao 2 de marzo. Esta iniciativa trata de prever actitudes e comportamentos discriminatorios por mor da orientación sexual ou identidade de xénero e combater o acoso escolar por estes motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e as identidades de xénero.

 

 

O proxecto "Sorrisos transformadores" comprende unha exposición fotográfica de visibilización positiva que inclúe imaxes de persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta, acompañadas dun texto que reflicte unha frase ou idea. De forma paralela desenvólvense diversos faladoiros informativos destinados principalmente á comunidade escolar.

 

Baixo o lema "Respecta-defende-sensibiliza-iguala-vive-e-deixa-vivir". a fotografa Noemí Chantada busca achegarlle visibilización, sensibilización e naturalización ao colectivo transexual promovendo a igualdade de oportunidades, o respecto á diversidade e o dereito a ser diferentes.