Carreira popular Érguete
Fecha: 2010-06-15
O vindeiro sábado, día 19 deste mes de xuño, terá lugar a XIII Edición da Carreira Popular Érguete.
Comezará ás 10.30 h no Monte Central da Illa da Toxa, e rematará, aproximadamente, ás 13.30 h.
O lugar de reunión de participantes será na entrada do monte que está á esquerda da ponte.
Ao rematar as distintas probas, rifaranse regalos e unha bicicleta.
CATEGORÍAS.
| Benxamín | 9 a 10 anos |
| Alevín | 11 a 12 anos |
| Infantil | 13 a 14 anos |
| Cadete | 15 a 16 anos |
| Xuvenil | 17 a 18 anos |
| Senior | 19 a 99 anos |
O percorrido da carreira adecúase ás idades dos rapaces e rapazas (ver mapa).
Terán medallas todos os participantes e trofeo o primeiro de cada categoría, tanto en homes coma en mulleres.
A partir das 10.00 h, porase no dorsal o número, o nome da rapaza ou rapaz, o club e a categoría.
Esperamos contar coa súa colaboración para que esta carreira popular sexa un éxito e unha homenaxe á asociación Érguete.