Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Campamento Inglés. Listaxe de admitidos/as

Fecha: 2010-06-18

Todos aqueles rapaces e rapazas que solicitaron praza para o Campamento de Inglés que organiza a ANPA de Conmeniño en colaboración co Concello do Grove foron admitidos.

Recordamos que os/as solicitantes da primeira quenda teñen de prazo ata o 30 de xuño  e os da segunda quenda do 19 ao 23 de xullo para facer o pago da cota (125 €/quenda) no número de conta do Banco Santander que figura no tríptico informativo.

      Tamén queremos informar que aquelas persoas que aínda queiran solicitar a inscrición  nesta actividade poden facelo ata cubrir prazas pasando pola Casa Azul (en horario de mañá) ou chamando ao teléfono 659999783 (Anxo).