Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove realiza unha nova distribución de compostaxe entre a veciñanza

Fecha: 2017-05-05

O mestre composteiro estará na zona de Confín de 10.30 h a 12.30 h para entregar a compostaxe.

 

O vindeiro sábado 6 de maio de 2017, ás 10.30 h, no Centro Comunitario de Compostaxe de Confín no Concello do Grove repartirase a primeira partida de compós desta zona e xa a segunda que se realiza no municipio.

 

Lembramos que o compós é bo como fertilizante, xa que conten unha gran cantidade de nutrientes dunha alta calidade para o fortalecemento e desenvolvemento das plantas. Para a súa recollida é preciso levar unha bolsa ou saqueta resistente e sen perdas para que o mestre composteiro poida entregar o compós. A recollida de compostaxe está reservada aos participantes na elaboración do compós, é dicir, a todas aquelas persoas que durante estes meses estiveron a colaborar cos seus residuos na creación deste compós.

 

O pasado xoves 27 de maio repartíronse no Centro Comunitario de Compostaxe de Terra de Porto 250 kg de compós, o que é un indicativo do éxito que esta a ter esta iniciativa entre a veciñanza. Este proxecto enlaza coa proposta de economía circular de residuos na que se traballa coa Deputación de Pontevedra.