Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove organiza un Obradoiro de Autodefensa Feminista

Fecha: 2017-05-09

Trátase dunha nova actividade vencellada co programa de Igualdade do Concello do Grove.

 

O vindeiro sábado 13 de maio, ás 17.00 h terá lugar o “Obradoiro de Autodefensa Feminista” na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey do concello do Grove. O curso está organizado polo Concello en colaboración co colectivo Lésbicas Crendo para a loita contra a violencia machista.

 

O desenvolvemento do obradoiro é práctico e integral, isto é, que durante as tres horas adestraranse elementos tanto físicos como psicolóxicos, emocionais, colectivos, individuais. Co obxectivo principal de ampliar posibilidades respecto das violencias. Propóñense as dinámicas de forma que se poidan realizar un traballo progresivo, diversificado e interdisciplinar, abordando tanto técnicas físicas como elementos emocionais, psicolóxicos, relacionais. Desde a perspectiva de crear e ampliar posibilidades fronte á violencia.

 

O aceso é de balde e as prazas son limitadas, polo que é preciso inscrición previa enviando un correo a: cim@concellodogrove.es.