Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove acometerá reformas na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder en San Vicente

Fecha: 2017-05-16

As reformas acometeranse sen interromper a programación cultural prevista neste espazo.

Durante o vindeiro mes de xullo o Concello do Grove acometerá reformas de mantemento na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder.  Estas obras prográmanse nun período sen actividades dentro deste espazo, para non interferir na súa actividade habitual deste espazo, especialmente a desenvolta por diversas asociacións culturais. De feito, as ditas asociacións foron informadas deste proxecto e foi a coordinación con elas a que permite programar as obras na data máis adecuada.

 

Estas melloras levan varios anos agardándose xa que os problemas de humidade resultan graves nalgunhas zonas do inmoble. Para a súa  posta en marcha será preciso un orzamento de máis de 6.000 €. A parte máis importante destas actuacións ten que ver precisamente coa eliminación das humidades, feito para o cal será acometido un inxectado e poliuretano. Posteriormente pintarase e mellorarase o interior do espazo do salón de actos, pero tamén das escaleiras e outras zonas. Agárdase que este investimento mellore notablemente uns problemas que se viñan detectando desde tempo atrás.