Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove reúnese coas pracerías para abordar o traballo necesario para obter o selo de Mercados Excelentes

Fecha: 2017-05-18

A reunión forma parte do plan de traballo para a dinamización comercial deste espazo.

 

Na tarde do luns tivo lugar unha reunión cos concesionarios da praza da abastos co fin afrontar melloras tanto no edificio como na xestión do mercado. Na reunión debateuse sobre as medidas que deberían aplicarse para poder acadar o “Selo de Mercados Excelentes de Galicia” que distingue os mercados como principal punto de nas cidades e pobos da comunidade autónoma pola súa diferenciación e identificación coa calidade e o prestixio e que outorga a Xunta de Galicia.

 

Deste xeito, e como ven sendo habitual no sistema de traballo establecido entre o Concello e as praceiras, debateuse sobre aquelas medidas que se consideraban prioritarias á hora de solicitar axudas ou subvencións doutras entidades para este espazo. Tamén se abordaron problemas de xestión diaria e informouse sobre a concesión dos espazos de emprendemento así como dos locais e bancadas dispoñibles que serán postos á poxa nas vindeiras semanas. Neste punto indicouse que a praza conta xa, logo das medidas aplicadas nos últimos anos, cun 84% de ocupación polo que será preciso continuar coas actividades de dinamización para facer rendible a existencia de máis postos.