Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca as axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2017-2018

Fecha: 2017-05-18

O período para a tramitación das axudas vai dende o 1 de xuño ó 30 de xuño de 2017.

 

O Concello do Grove ten establecido un programa de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar dirixido a aquelas familias que non dispoñen de renda suficiente para enfrontar os gastos derivados da escolarización dos fillos que cursen estudos de ensino obrigatorio e/ou educación infantil.

 

As axudas enmárcanse dentro da partida e das condicións establecidas para as Axudas de Emerxencia Social. O obxectivo destas achegas é facilitarlles aos nenos e nenas procedentes de familias en condicións económicas precarias os medios precisos para a súa promoción nos niveis de ensino obrigatorio e educación infantil e a potenciar a igualdade no acceso ao ensino de todos os cativos, independentemente da situación económica da súa familia.

 

Estas achegas van dirixidas os nenos de Educación Infantil (0- 3 años), dotadas con 60 euros por fillo para material escolar; edcación infantil ( 4-6 años), dotadas con 100 euros por fillo para libros e material escolar; educación primaria, dotadas con 50 euros por fillo para material escolar, e os da ESO, dotadas con 70 euros por fillo para material escolar.