Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove arranxa os biosaudables do municipio

Fecha: 2017-05-23

O óxido é a principal causa da reparación das máquinas situadas no Parque das Vesadas e do Paseo de Lordelo.

 

O Concello do Grove está a reparar todos os aparellos de  ximnasia denominados “biosaudables” que se atopan no municipio, concretamente os do Parque das Vesadas e os do Paseo de Lordelo, que se atopaban en mal estado.

 

Na área de biosaudables das Vesadas arranxáronse a metade das máquinas e agora estase a restaurar a segunda metade, que volverán a instalarse no seu sitio en canto se rematen as reparacións. Estas máquinas atopábanse nun moi mal estado, debido ao óxido e tendo xa pezas rotas ou desgastadas.

 

Este labor de reparación tamén se está a realizar no Paseo de Lordelo, onde xa se retiraron algunhas destas máquinas de biosaúde para poñelas a punto. Hai xa tres anos que estes elementos se instalaron e o Concello quere prever un estado de deterioración como o que sufriron os aparellos das Vesadas, xa que unha restauración ten un custo menor que a substitución das pezas. A climatoloxía afecta moito estes aparellos, posto que algúns deless están moi preto do mar. O salitre que o aire transporta provoca unha maior celeridade na oxidación das pezas das máquinas.

 

O Concello ten previsto crear dúas novas áreas de biosaudables, unha no Porto de Meloxo e outra en San Vicente, para facilitarlle á veciñanza o acceso a áreas deportivas ao aire libre, recuperando para a poboación espazos e comportamentos saudables.