Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove arranxa as zonas verdes do Sineiro

Fecha: 2017-05-24

Os alumnos e alumnas do Obradoiro de Xardinería acondicionan o terreo da comunidade de veciños do Sineiro, algo que a veciñanza solicitara con anterioridade.

 

 

Onte o alcalde do Grove, Jose Cacabelos e concelleiros da corporación, achegáronse ao Sineiro, onde os mozos e mozas do Obradoiro de Xardineira levan a cabo labores de acondicionamento.

 

Nos terreos da comunidade de veciños do Sineiro estanse a realizar labores de roza, para acondicionar a zona e que o alumnado do obradoiro practique o uso da máquina rozadora. 

 

Noutra zona do Sineiro, estase a crear unha área de esparexemento onde non había, utilizando plantas decorativas, árbores e bancos para facer un xardín público. Obterase así un novo punto verde no municipio. As árbores situaranse como método decorativo e para crear sombra, e no chan plantarase céspede de gramón para unha maior resistencia e que non sexa necesario un rego constante.

 

O Concello segue no seu plan de achegar a todos os barrios zonas verdes de lecer e esparexemento ao aire libre, creando espazos para o ocio.