Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove acompaña a Parroquia de San Vicente a recoller a Moeda de Adro Vello

Fecha: 2017-05-24

 

Unha réplica da moeda de Adro Vello volve á súa terra de orixe, posto que a moeda orixinal foi achada no necrópoles arqueolóxica da praia do Carreiro no Grove.

 

Hoxe mércores ás 13.00 h, a Deputación de Pontevedra entregaralle nun acto a Moeda de Adro Vello ao cura de San Vicente. Este terá lugar no Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra.

 

A moeda de Adro Vello é unha peza numismática do século XII na que se representa por primeira vez o traslado dos restos do apóstolo Santiago desde Xerusalén. O acto de entrega realizase con motivo da sinatura do convenio de colaboración entre as dúas entidades. A entrega faraa a presidenta da Deputación, Carmela Silva, ao párroco de San Vicente do Grove, Ventura Martinez.  Asistirá o alcalde, José Cacabelos. 

 

A replica da moeda da que se fará entrega é unha reprodución feita pola Escola de Canteiros de Poio. Será exposta nas dependencias da igrexa de San Vicente do Grove.