Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove acomete a limpeza dos colectores de reciclaxe

Fecha: 2017-05-24

Os colectores límpanse cunha mestura de auga a presión e xabón desengraxante.

 

Nesta semana o Concello do Grove está a acometer as tarefas de limpeza dos colectores selectivos do municipio, trátase dos destinados á recollida de plásticos, cartón e vidro.

 

Esta tarefa realízase de xeito periódico cada tres meses. Neste comezo de temporada estival e pola situación climatolóxica que se esta a dar estes meses, os labores de limpeza dos colectores selectivos aumentouse e fíxose con maior frecuencia.

 

O proceso de limpeza destes colectores faise mediante unha pistola de auga a presión mesturada con xabón desengraxante e desinfectante, para evitar focos de contaminación e cheiros que poidan causar molestias.

 

Esta posta a punto dos colectores está dentro do plan de limpeza e arranxo que se leva a cabo todos os anos. Desde o Concello incídese na colaboración veciñal, xa que cumprir as normas no relativo á separación de lixo e os horarios de depósito permite unha mellor xestión da recollida e evita problemas de sucidade.