O Concello do Grove prepárase para o Campus de Verán 2017 da Fundación Celta
Fecha: 2017-05-29
As actividades son coordinadas polos adestradores do Real Club Celta de Vigo.
O vindeiro martes 30 de maio 2017, ás 18.30 h no campo de Terra de Porto do concello do Grove celebrarase una demostración das actividades previstas no Campus de Verán do Celta de Vigo.
Deste xeito ponse en marcha unha das actividades deportivas previstas para este verán no Grove contando con importantes novidades para achegarse aos máis pequenos e ofrecer unha semana de adestramento na que se pretende fomentar a diversión, o compañeirismo e o xogo limpo na práctica do fútbol. As actividades do Campus serán coordinadas por adestradores do Real Club Celta e o vindeiro martes achéganse ao Grove para presentalas dirixíndose a nenos e nenas de 7 a 12 anos.
As persoas interesadas poderán inscribirse de balde na páxina web da Fundación Celta na vindeiras semanas. (www.fundacioncelta.es).