O Concello do Grove inaugura mañá mércores a exposición ‘100 anos de Manuel Lueiro Rey’
Fecha: 2017-05-30
A mostra permanecera aberta o publico a partir do 31 de maio, no horario habitual da Casa do Concello.
O vindeiro mércores 31 de maio, ás 20.00 h terá lugar o acto de inauguración da mostra “100 aos de Manuel Lueiro Rey”. Trátase dun percorrido pola vida e a obra do escritor de Fornelos de Monte que acompaña a presentación do libro conmemorativo Camiño Aberto, 100 anos de Lueiro Rey (1916-2016), editado pola Deputación de Pontevedra dentro dos actos de celebración do centenario do nacemento de Lueiro o pasado ano.
A inauguración celebrarase na Sala das Cunchas e estarán presentes o alcalde do Grove, Jose Cacabelos e o Deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal Fariña. A presentación do libro correrá a cargo do seu coordinador e biógrafo de Lueiro Rey, o escritor Ramón Nicolás, e tamén se contará coa presenza da coordinadora da mostra, Carmen Carreiro, da Asociación Cruceiro da Laxe de Fornelos de Montes. A música vai da man do pianista Juan Carlos Cambas, que conta cun repertorio de poemas musicados de Lueiro.
A exposición “100 anos de Manuel Lueiro Rey” chega ao Grove logo de todo un periplo que se iniciou no ano 2016 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Dentro das actividades que os concellos vencellados á figura de Lueiro teñen programado (O Grove, Fornelos de Montes e Pontevedra) esta actividade tentar resumir toda a figura do escrito e unificar toda a súa traxectoria vital nun só volume.