Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello revisa as obras de mellora do barrio da Graña

Fecha: 2017-07-14

O alcalde e a concelleira de Obras mantiveron unha reunión coa veciñanza da zona para valorar a evolución dos traballos.

 

No día de onte mantívose unha reunión cos veciños e veciñas do barrio da Graña, onde se teñen posto en marcha obras de mellora hai xa varias semanas para recoller a opinión destes con respecto á evolución dos traballos. O alcalde e a concelleira de Obras estiveron no lugar para revisar o realizado ata agora e grazas á consulta mantida coa veciñanza poderán modificarse cuestións que farán a reforma máis adaptada ás necesidades reais dos residentes neste barrio.

 

Deste xeito, ademais da separación de pluviais e fecais xa prevista e que segue a liña de mellora da precaria canalización do Concello, ampliarase algo máis o carril, retirando pedras dos bordos e vaise revisar e mellorar a recollida con arquetas. Tamén se realizará un aglomerado recollendo a máxima plataforma de vía para conseguir unha mellor circulación.

 

A previsión é que as obras rematen o vindeiro mércores. Inda que se trata de melloras substanciais ás previstas nesta zona, que seguen resultando insuficientes logo dos anos de abandono aos que se vira sometido este barrio. Por esta razón, o Concello informou os veciños e veciñas de que será preciso prever novas actuacións con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra do ano 2018.