Comezan as obras de reforma da Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder en San Vicente
Fecha: 2017-07-18
O edificio ao completo permanecerá pechado durante máis de 15 días para acometer obras de illamento e outras melloras.
Mañá mércores comezarán as obras de illamento da Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder en San Vicente. Trátase dunhas obras moi necesarias que tentarán evitar a deterioración sufrida neste edificio por entrada de auga e que consistirán en colocar aglomerado no interior da cámara de aire de todo o salón de actos.
Estas obras requiriran o peche por completo do edificio, polo que estas foron pospostas para os meses de xullo e agosto, de acordo coas asociacións e colectivos culturais que empregan estes espazos habitualmente. Logo de realizar o illamento, tamén se pintará a sala cun escurecemento para mellorar a súa adaptación visual.
Todas estas melloras suporán o peche de todo o espazo (salón de actos e axencia de lectura) ata o vindeiro 13 de agosto. Lembramos que o servizo de biblioteca será prestado na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey no horario de verán habitual (de 9.00 a 15.00 h).
A urxencia das obras garda relación coa falla de investimento neste espazo, que levaba varios anos sen ter sido mellorado e que estaba supoñendo a entrada de auga en varias zonas do edificio. Deste xeito preténdese abordar unha mellora cualitativa que será acompañada da mellora interior e da optimización do gasto enerxético.