A Escola de Verán do Concello do Grove visita a biblioteca
Fecha: 2017-07-27
Este xoves 27 poderán coñecer as instalacións da Rede de Bibliotecas e realizarán actividades de dinamización lectora.
Os preto de 200 nenos entre 4 e 12 anos que están participando estes días na Escola de Verán do Grove achegaranse a partir desta semana á biblioteca municipal, onde serán recibidos polo persoal para realizar diversas actividades con libros e participar en sesións de contacontos.
Mañá xoves comezarán as visitas cos grupos de nenos de 4 e 5 anos. Nas vindeiras semanas haberá novas sesións de grupos doutras idades. O obxectivo da actividade é que aprendan, a través de diferentes actividades, o que poden facer na biblioteca municipal e como sacarlle todo o partido aos libros. Está previsto que xoguen con contos e historias e asistirán á representación do conto “Agora que vai pasar?”. Tamén participará nun “Hospital de libros” e noutras actividades de dinamización lectoral. A todo isto engádese un espazo de tempo para que os nenos e as nenas, acompañados dos seus monitores, poidan gozar dos libros da sección infantil.
Esta é unha das actividades nas que a Rede de Bibliotecas colabora coa Escola de Verán do Concello do Grove, pero tamén están as “maletas viaxeiras”, que visitarán o campamento durante estes meses de verán con libros de literatura infantil e xuvenil e coas que traballan os monitores e monitoras todas as semanas.