Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove colabora co ArousaMan 2017

Fecha: 2017-07-28

O evento deportivo partirá da praia de Confín o sábado ás 9.00 horas.

 

A proba deportiva ArousaMan 2017 terá lugar o vindeiro sábado. Nesta dura competición participarán 18 nadadores que percorrerán os 13 quilómetros (7,2 millas) que separan O Grove de Ribeira. Estes irán acompañados de 6 kayakistas con 7 lanchas de apoio. Trátase da segunda edición deste evento que lle pretende dar visibilidade ao dano cerebral adquirido (DCA) traballando man a man coa ONG Sarela.

 

O lugar escollido para a saída é a praia de Confín e o Concello do Grove colabora coa organización achegando as medidas de seguridade (ambulancia, servizo de emerxencia) e facilitando as instalacións do pavillón náutico. A chegada dos nadadores está prevista ás 13.00 horas ao polideportivo de Coroso, en Ribeira.