Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove, entre os mellores valorados pola Xunta pola promoción da lingua galega

Fecha: 2017-08-02

 

A resolución das subvencións outorgadas pola Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia coloca ao Grove como o concello pequeno mellor puntuado.

 

O Diario Oficial de Galicia publicou onte a resolución das subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega. A dita convocatoria outorgase en réxime de concorrencia competitiva en función da puntuación outorgada polas actividades e iniciativas postas en marcha polos concellos e entidades locais a prol da promoción da lingua galega. Segundo isto, ao Concello do Grove correspóndenlle 5.022,00 euros que se destinan ao mantemento do Servizo Lingüístico do municipio, permitindo así a continuidade das súas iniciativas.

 

A cantidade acadada polo Concello do Grove tan só é superada polo Concello de Santiago de Compostela (5.084,00 euros) e polo agrupamento dos concellos da Baña e Negreira (5.364,00 euros), polo que O Grove se sitúa entre os mellores valorados dentro das 96 entidades locais que concorreron nesta convocatoria. Trátase dun dato moi positivo que lle dá un pulo ás iniciativas de formación e promoción da lingua galega no noso municipio.