Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convida a hostalería a participar na mostra de petiscos da Festa do Marisco

Fecha: 2017-08-22

 

 

Un ano máis estarán dispoñibles oito postos de petiscos no recinto do Corgo.

 

O Concello do Grove segue a bo ritmo coa organización da edición de 2017 da Festa do Marisco. No día de hoxe remitiulles unha comunicación aos establecementos de hostalería e restauración do Grove para que todos aqueles interesados en participar na mostra de petiscos poidan solicitar o seu posto. Trátase xa dunha cita tradicional na Festa do Marisco que permite coñecer o máis novo da gastronomía do Grove.

 

Na Carpa Institucional estarán dispoñibles oito postos de venda en cada un dos cales os restaurantes interesados poderán ofrecer dous petiscos distintos. Os participantes achegarán un 20% da recadación aos gastos de montaxe e mantemento da carpa e ofrecerán os seus petiscos no horario marcado desde a organización da Festa. Os interesados terán que dirixirse ao Concello para facer a súa solicitude.

 

Ademais disto, os cociñeiros e cociñeiras participantes terán que ofrecer dous showcookings dentro da programación da cociña en vivo. Tanto a mostra de petiscos como as exhibicións de cociña en vivo teñen conseguido un notable éxito nas edicións anteriores, incidindo, inda máis na alta calidade gastronómica deste evento.