As revisións de gas
Fecha: 2010-07-28
Ante as dúbidas presentadas por diversos consumidores e consumidoras sobre as revisións de gas, sería interesante atender unha serie de recomendacións para evitar no posible as fraudes:
- As revisións deben ser realizadas por persoal técnico autorizado e deben acreditalo co carné de instalador de gas autorizado pola Xunta de Galicia.
- As revisións obrigatorias periódicas realízanse cada cinco anos. Nas gomas aparece indicada a data de caducidade; en relación ao regulador e ás abrazadeiras, non teñen data concreta de caducidade, deben cambiarse polo seu estado ou por avaría, nese caso teñen dereito e quedar coas antigas, isto é importante no caso de ter que reclamar posteriormente.
- Ao finalizar a revisión deben entregarlles un certificado de revisión periódica, e o contrato de mantemento, que deben gardar. Normalmente colocan un adhesivo que indica a data da próxima revisión.
- En caso de que acuda unha empresa sen telo solicitado, non están obrigados a aceptar o servizo.
- Antes de iniciar a revisión, solicite as tarifas que lle van cobrar, compare con outras empresas. Recoméndase que a empresa seleccionada estea adherida ao Sistema Arbitral de Consumo.
- Esixa unha factura detallada.
En caso de dúbidas, poden achegarse á Oficina de Información ao Consumidor, na rúa Castelao, 173, baixo.