O Concello do Grove abre o prazo de inscrición para a actividade natación para os cativos
Fecha: 2017-09-13
A actividade desenvolverase os martes e os venres na Piscina Municipal de Cambados.
O Concello do Grove segue coa posta en marcha das actividades vencelladas coa educación dos máis pequenos. Esta mesma semana ponse en marcha a actividade de natación que está dirixida aos nenos e nenas empadroados no Grove de entre 3 a 12 anos e que busca a súa familiarización co medio acuático ademais da iniciación nos distintos estilos de natación.
A actividade consiste en clases de natación os martes e venres na Piscina Municipal de Cambados, en dous grupos de 30 rapaces (60 prazas en total). A clases comezarán no mes de outubro e rematarán en xuño. Os horarios serán de 17.00 a 17.45 os martes, con saída do autobús ás 16.00 horas e paradas en Ardia, O Corgo, Terra de Porto e As Cortiñas, e os venres de 16.15 a 17.00 con saída dos autobús ás 15.25 e con paradas do autobús no mesmo percorrido que os martes.
Os interesados en participar deberán aboar unha matrícula de 15 euros por gastos de xestión e contratación do seguro e procederase logo ao pagamento de mensualidades de 12 euros. As inscricións faranse a partir do vindeiro luns 18 na Biblioteca Pública Municipal do Grove en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas. As prazas, que son limitadas, outorgaranse por rigorosa orde de inscrición entre os nenos e nenas que cumpran os requisitos esixidos.