Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello abre o prazo de inscrición para a actividade ‘Coñecendo e gozando da biblioteca’

Fecha: 2017-09-14

 

 

O programa está destinado a alumnos e alumnas de infantil, primaria e secundaria.

 

Dentro das actividades para os cativos ofertadas polo Concello do Grove, o vindeiro luns, 18 de setembro, ábrese o prazo para o programa de animación á lectura “Coñecendo e gozando da biblioteca”. Trátase dunha actividade que leva xa varios anos desenvolvéndose e que goza dunha moi boa aceptación. Ten como obxectivo que os nenos e nenas experimenten a biblioteca como un espazo de encontro cos libros e con outros nenos e nenas. Deste xeito, téntase que adopten hábitos básicos de comportamento na biblioteca e recoñezan este espazo como un lugar para a busca de información.

 

A actividade desenvolverase os venres de novembro a maio e os alumnos e alumnas estarán divididos en sesións de 50 minutos segundo as súas idades. O prezo da actividade é de 8 euros mensuais e a inscrición poderá facerse apartir do luns 18 de setembro na biblioteca municipal do Grove en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas ata completar prazas.