Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Amplíase o prazo para a presentación de carteis para a Festa do Marisco de 2018

Fecha: 2017-09-28

O premio amplíase a 500 euros buscando unha maior participación nun dos concursos de carteis de maior historia de Galicia.

 

O Concello do Grove ampliou o prazo de presentación do tradicional concurso de carteis da Festa do Marisco logo de que na primeira convocatoria tan só foran cinco as propostas presentadas. Desde o Concello búscase unha maior participación para manter o bo nivel do que goza este concurso de deseño desde hai décadas. Lembramos que o concurso de carteis da Festa do Marisco leva máis de trinta anos celebrándose en entre os artistas e deseñadores que teñen realizado carteis anos atrás atópanse pintores de renome e grandes grafistas.

 

Como forma de incentivar a participación, desde o Concello do Grove tamén se ten incrementado notablemente o premio pasando dos 350 euros iniciais aos 500, que serán outorgados en metálico ao autor ou autora gañadora. Os interesados en participar poderán presentar os seus orixinais antes do 29 de setembro na Concello do Grove seguindo as bases publicadas para tal fin. Como vén sendo habitual o cartel da LV Edición da Festa do Marisco será presentada no transcurso das celebracións deste 2017 o que permita comezar así coa súa difusión e promoción. 

 

BASES>