Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Festa do Marisco acolle a visita dun grupo de xornalistas suízos

Fecha: 2017-10-05

 

 

O “press-trip” foi organizado en colaboración con Turespaña e permitirá que os xornalistas coñezan de xeito directo a Festa do Marisco.

 

A Festa do Marisco de 2017 comezará esta tarde cargada de actividades e novidades. Un dos obxectivos fundamentais da Festa é a promoción internacional do destino. Nesa liña tense traballado nas presentacións internacionais e, xa durante a celebración do evento, se teñen organizado visitas de xornalistas internacionais que coñecerán en primeira persoa este importante evento.

 

O primeiro dos grupos que visitará a Festa do Marisco do Grove será recibido esta tarde ás 19.00 horas na Casa do Concello. Trátase dun grupo organizado dende Turespaña en Suíza, máis concretamente da cidade de Zurich, composto por cinco xornalistas de distintos medios. Durante os case cinco días nos que visitarán O Grove contan cun amplo programa para coñecer a localidade e as actividades turísticas dispoñibles na zona.

 

Ademais desta visita, nos vindeiros días agárdase que a Festa do Marisco sirva coma escaparate das calidades do Grove como destino a outros grupos de xornalistas e turoperadores.