O humor chega á Festa do Marisco da man de Mahou
Fecha: 2017-10-05
A cervexa oficial da Festa do Marisco traerá ata O Grove o monologuista David Amor.
Mahou, un dos principais patrocinadores da Festa do Marisco do Grove, colabora outro ano máis na posta en marcha das distintas actividades de ocio e entretemento para completar a oferta gastronómica do evento. Entre as súas principais propostas atópase o humor, convertendo o cómico galego David Amor no protagonista do “Monólogo Mahou Cinco Estrellas” que terá lugar no auditorio da Carpa Institucional o venres 13 de outubro ás 21.00 horas.
Os convites para o espectáculo poderán conseguirse grazas a unha promoción organizada por Mahou que comezará mañá, venres 6 de outubro. Deste xeito as persoas que se acheguen á Mostra de Petiscos da Festa poderán participar mediante as consumicións de cervexa e os espectaculares petiscos que teñen preparados os hostaleiros do Grove que están na mostra.
Ademais deste evento, Mahou estará moi presente nos dez días da Festa, facendo unha especial aposta pola gastronomía e ocio e achegando unha gran variedade de produtos á carta de degustación do evento.