Os cociñeiros Mahou achéganse á Cociña en Vivo da Festa do Marisco
Fecha: 2017-10-06
O programa da Cociña en Vivo comeza este sábado na carpa institucional.
Da man de Mahou, como un dos principais patrocinadores da Festa do Marisco, a zona gastronómica da carpa institucional converterase desde mañá sábado no epicentro da innovación gastronómica en Galicia. Os cociñeiros do Grove que estes días ofrecen os seus petiscos na Mostra realizarán sesións de cociña en vivo nas que estarán acompañados polos cociñeiros Mahou. Tanto os cociñeiros locais coma os visitantes amosaranlle ao público, en sesións de acceso libre, as amplas posibilidades culinarias do marisco.
As sesións comezarán este sábado e contarán durante o resto da semana coa presenza do chef Alberto Gómez, de Silabario Gastronomía, o domingo 8 de outubro ás 11.30 horas. O luns, á mesma hora o chef Rafa Centeno do restaurante vigués con estrella Michelin Maruja Limón ofrecerá unha exhibición gastronómica destinada a estudantes de hostalería e ao público en xeral. Pola súa banda, Eloy Cancela, do restaurante compostelán A Horta do Obradoiro, será o encargado de tomar parte destas mostras o martes ás 12.00 horas.
Ademais destas sesións, os restaurantes Misturas, A Costa, Pan de Millo, A Tapería e Arrecife do Náutico ofrecerán sesións de cociña en vivo ao redor dos petiscos que presentan na Mostra. O espazo gastronómico tamén acolle o programa de “A Cociña do Mar” que organiza Emgrobes e o “Ciclo de produtos do Mar” da Confraría de Pescadores San Martiño. O programa complétase con Catas de Viño a cargo da Ruta do Viño Rías Baixas e unha sesión sobre o Rodaballo organizada por Insuíña.
Unha vez máis O Grove consolida o seu papel como referente na gastronomía de Galicia e converte a súa Festa do Marisco no escaparate fundamental da innovación e da calidade gastronómica.
Programa espazo gastronómico. Carpa Institucional
|
Sábado, 7 |
|
11.30 |
Cociña en vivo. Restaurante “Misturas” |
|
|
17.30 |
Ciclo dos produtos do mar: Bivalvos. Organiza: Confraría de Pescadores San Martiño do Grove |
|
|
|
|
|
|
|
Domingo, 8 |
|
11.30 |
Cociñeiros Mahou. Alberto González, Restaurante Silabario |
|
|
17.30 |
Cociña en vivo. Restaurante “A Costa” |
|
|
|
|
|
|
|
Luns, 9 |
|
11.30 |
Cociñeiros Mahou. Rafa Centeno. Restaurante Maruja Limón |
|
|
19.00 |
Cata entre amigos da Ruta do Viño Rías Baixas (brancos) Sommelier José Luis Aragunde. Necesaria inscrición previa |
|
|
|
|
|
|
|
Martes, 10 |
|
11.30 |
Cociñeiros Mahou. Eloy Cancela. Restaurante A Horta d´Obradoiro |
|
|
19.00 |
Cata entre amigos da Ruta do Viño Rías Baixas (espumosos) Sommelier José Luis Aragunde. Necesaria inscrición previa |
|
|
|
|
|
|
|
Mércores, 11 |
|
12.00 |
A Cociña do Mar: “Lapa, ortiga y pepino de mar”. Organiza: Emgrobes |
|
|
18.00 |
A Cociña do Mar: “Lapa, ortiga y pepino de mar”. Organiza: Emgrobes |
|
|
|
|
|
|
|
Xoves, 12 |
|
17.30 |
Cociña en vivo. Restaurante Pan de Millo |
|
|
|
|
|
|
Venres, 13 |
|
11.30 |
Cociña en vivo. Restaurante A Tapería |
|
|
17.30 |
Ciclo de los produtos do mar: algas e anémonas Organiza: Confraría de Pescadores San Martiño do Grove |
|
|
|
|
|
|
|
Sábado, 14 |
|
11.30 |
Cociña en vivo. Restaurante Arrecife del Náutico. |
|
|
17.30 |
Concurso de Pratos de Mexillón. Organiza: Amegrove |
|
|
|
|
|
|
|
Domingo |
|
12.00 |
Cociña en Vivo. Rodaballo Insuíña. Organiza: Insuíña |