Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Antón Lezcano, gañador do Concurso de Carteis da Festa do Marisco de 2018

Fecha: 2017-10-10

 

O autor repite galardón co cartel.

 

O coruñés Antón Lezcano resultou gañador da LIV edición do concurso de carteis da Festa do Marisco. Baixo o lema de “Esmeca” presentou unha proposta composta pola carta náutica da zona do Grove e unha centola que recolle a meirande parte dos barrios da localidade. O xurado valorou esta chiscadela á estrutura local do Grove combinado coa coidada composición tipográfica.

 

O cartel foi presentado está mañá dentro do programa de actividades da Festa. Cabe destacar que o premio ascende a 500 euros logo da mellora das bases do concurso. Antón Lezcano tamén deseñou o cartel da actual edición da Festa pasando así a o exclusivo grupo de artistas e deseñadores que teñen conseguido máis dun premio. A partir de hoxe comezará a distribución da cartelería e a colocación de valos e material publicitario para lle dar a saída á promoción da LV Festa do Marisco do vindeiro ano.