Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca a veciñanza a unha reunión para informar sobre a educación de adultos

Fecha: 2017-10-16

 

A reunión terá lugar o vindeiro mércores 18 de outubro ás 10.00 horas na Confraría de Pescadores de San Martiño.

 

O Concello do Grove retoma o seu programa de educación para adultos, destinado a aquelas persoas que estean interesadas en obter o graduado de ESO a través do programa específico (EPA). Para informar do seu funcionamento e das distintas modalidades dispoñibles convocouse unha reunión para o vindeiro mércores 18 de outubro ás 10.00 horas nos locais da Confraría de Pescadores San Martiño, na praza do Corgo.

 

As persoas que acudan deberán ter 18 anos ou, no caso de ter unha idade inferior, acreditar un contrato de traballo que xustifique a inscrición nesta modalidade de formación. Nesa reunión facilitarase a ficha de inscrición na que os interesados poden indicar se a matrícula no curso a realizan para preparación de probas libres ou dos exames na modalidade semipresencial. Tamén decidirán sobre a modalidade e sobre os posibles horarios. A dita inscrición deberá formalizarse entre o 19 e o 25 de outubro.

 

 As clases de educación de adultos foron recuperadas hai dous anos, o Concello proporcionou o profesorado e os locais de impartición (casa da terceira idade). O alumnado que asiste tan só ten que abonar as taxas de exame. Os bos resultados obtidos nos anteriores cursos confirman a utilidade e necesidade deste tipo de servizos.

 

Quen non poida acudir á mencionada reunión, desde o xoves 19 ata o mércores 25 de outubro, poderá formalizar igualmente a inscrición nos Servizos Sociais do Concello.