Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello ultima a colocación de 'biosaudables' no parque da praza do Corgo

Fecha: 2017-10-16

 

Trátase de tres aparellos de ximnasia destinada aos adultos.

 

Logo de acometer notables melloras nos parques infantís da localidade, o Concello do Grove busca complementar estas instalacións con aparellos de ximnasia dos denominados “biosaudables”. Hoxe mesmo foi revisada a instalación de tres deses aparellos no parque do Corgo, ao tempo que se melloraron os que se atopan na zona de Terra de Porto (que levaban anos sen mantemento) e se adquiriron novos equipos para San Vicente.

 

Trátase de diferentes equipos de ximnasia que permiten manter a forma física e prever ou tratar diferentes doenzas ou lesións concretas. Están deseñados para a práctica do exercicio físico de adultos a partir de 40 anos e son especialmente aconsellables para maiores de 60, xa que lles permiten mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculatura en todo o corpo. Deste xeito buscouse unha situación preto de parques e zonas habitualmente frecuentadas por público destas idades, buscando incentivar a súa utilización e aproveitamento.