O Concello do Grove pon en marcha un grupo de apoio e crecemento persoal
Fecha: 2017-10-23
Os obradoiros desenvolveranse entre outubro e novembro cun total de 36 horas.
O Concello do Grove acaba de poñer en marcha unha iniciativa que busca crear un grupo de apoio e crecemento persoal “para a saúde integral”. Durante 12 sesións de tres horas de duración entre outubro e novembro desenvolveranse contidos específicos mediante actividades participativas, vivenciais e experienciais. Cunha metolodoxía dinámica búscase que a través da palabra, o corpo e o movemento e incluso a expresión creativa se avance en varios obxectivos: socializar os malestares e as estratexias para a súa xestión, aprender des-aprendendo ideas, crenzas ou actitudes que xa non son útiles, fomentar o apoio mutuo entre as participantes etc.
O curso está destinado a mulleres de entre 16 e 100 anos configurando un grupo dun mínimo de oito persoas e un máximo de quince. As sesións serán impartidas pola psicóloga, formadora e dinamizadora de grupos Beatriz Pérez Fernández. Esta actividade cumprimenta as levadas ao cabo polo Centro de Información á Muller (CIM) durante os últimos dous anos que tiveron moi boa acollida ademais que resultados palpablemente significativos nas súas participantes.
Para participar nesta actividade tan só é preciso inscribirse a traverso do CIM do Concello do Grove situado na rúa do Matadoiro.