Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove obtén unha subvención para a mellora do equipamento de biblioteca municipal

Fecha: 2017-10-30

A axuda ascende a máis de 2.400 euros nun proxecto que suporá un investimento de 6.800 euros.

 

O Concello do Grove conseguiu unha subvención dentro do programa de Subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinado ao equipamento e mellora das instalacións e locais empregados para a realización de actividades culturais. Finalmente foi concedida unha axuda de 2.403,39 euros como achega a un proxecto de 6.826,00 euros. Os fondos restantes serán proporcionados polos orzamentos municipais destinados a este fin.

 

Dun xeito máis concreto, esta axuda permitirá a adquisición de mobiliario que permita a mellora das salas destinadas a formación, cunha estrutura adecuada para as clases de formación, alfabetización e competencias dixitais que se imparten na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Os novos equipos informáticos tamén se inclúen neste proxecto ao tempo que se adquirirá mobiliario de biblioteca (estantes e arquivadores). O Concello do Grove dedicou ao mantemento e mellora dos espazos culturais do Grove case 14.000 euros durante o ano 2017, buscando contar coas mellores condicións para o desenvolvemento das numerosas actividades culturais que se desenvolven na vila.