Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Rede de Bibliotecas do Grove acomete melloras no seu sistema de xestión

Fecha: 2017-10-30

 

 

As bibliotecas permanecerán pechadas este luns, 30 de outubro para realizar formación sobre o novo sistema.

 

O Concello do Grove foi un dos 70 seleccionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para integrarse na nova Rede de Bibliotecas de Galicia baseada na plataforma Koha, un software libre de xestión de código aberto. Isto supón que as bibliotecas do Grove porán en marcha no mes de novembro novos servizos e novas facilitades.

 

Entre outras novidades, o novo sistema permitirá establecer un carné único de lector válido para todas as bibliotecas públicas desta rede, polo que os usuarios e usuarias das bibliotecas do Grove pasarán automaticamente a poder empregar os servizos deses centros en toda Galicia. Ademais disto, tamén se integrarán as bases de datos no catálogo colectivo da Rede polo que se poderán facer consultas a través dunha única web dispoñendo así dunha gran colección de libros electrónicos.

 

Para a posta en marcha deste novo sistema será preciso realizar un notable esforzo técnico, que requirirá cambios nos espazos e un proceso de adaptación. O persoal da biblioteca porá empeño na súa formación e na mellora do servizo, polo que se piden desculpas de xeito anticipado por calquera molestias que poidan ocasionar estes cambios, agradecendo a comprensión dos usuarios e usuarias. Como punto de partida, este luns, 30 de outubro, as bibliotecas permanecerán pechadas para que o persoal poida asistir a unha xornada de formación intensiva, volvendo ao horario habitual o martes.