Xornadas Coeducando na diversidade e o bo trato. Fortalecendo redes comunitarias para o cambio
Fecha: 2017-10-30
O CIM do Concello do Grove vai comezar o mes de novembro coas Xornadas Coeducando na diversidade e o bo trato. Fortalecendo redes comunitarias para o cambio, coas que se procura fomentar a prevención das violencias de xénero e a sensibilización en materia de equidade e xustiza social, contribuíndo para unha mellor convivencia e benestar das persoas dentro da comunidade. O prazo de inscrición xa está aberto e as prazas son limitadas.
As xornadas están compostas por tres obradoiros:
- Pedagoxías queer (xoves 16 de novembro, das 17.00 ás 20.00 h)
- Laboratorio de masculinidades (xoves 23 de novembro, das 17.00 ás 20.00 h) na confraría de pescadores do Grove
- Contacontos dende a perspectiva de xénero (luns 20 e 27 de novembro, das 16.00 ás 20.00 h) na casa da cultura e biblioteca do Grove.
As actividades están abertas a todas as persoas interesadas e con ganas de explorar(se) nas súas prácticas persoais, sociais e/ou profesionais.
Se tes responsabilidades familiares e precisas botar man do espazo de conciliación, infórmanos. Disporase dun servizo de atención a nenas e nenos para que as persoas que queiran asistir ás xornadas poidan facelo.
Por outra banda, desde o a organización informan de que están pendentes de homologar as xornadas pola Consellería de Educación para profesorado, co que as persoas interesadas no certificado homologado terían que asistir ás 3 actividades. Se es profesora ou profesor e tes interese, contacta co CIM.
En todo caso, calquera pode participar nun, dous ou tres obradoiros, segundo a súa dispoñibilidade e interese.
Inscricións a través do correo electrónico: dinamizacim@gmail.com ou do tel. 986 730 900. Cómpre achegares a seguinte información:
- nome completo
- DNI
- teléfono e correo electrónico de contacto
- se tes necesidades para conciliación, número de nenas/os e idades
- se queres certificado de asistencia