Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca a veciñanza a unha nova charla sobre o PXOM

Fecha: 2017-11-15

A charla terá lugar hoxe mércores ás 20.30 horas no CEIP Conmeniño.

 

Continuando cos traballos informativos relativos ao PXOM, o Concello do Grove convoca os veciños e veciñas a unha nova charla que se desenvolverá o hoxe mércores 15 de novembro ás 20.30 horas no CEIP Conmeniño. Nesta sesión abordarase o relativo á contorna da Xesteiriña, Campos, Meloxo, As Senriñas, avenida de Portugal e zonas próximas do ámbito rural. Debe terse en conta que nesta zona xa se expuxeron revisións sobre o PXOM aprobado inicialmente en 2015 e que nesta nova reunión se lles presentará aos veciños e veciñas a versión actualizada coas achegas realizadas por eles durante os últimos meses.

 

Como xa se indicou en ocasións anteriores, o Concello do Grove realizará charlas informativas nas mesmas zonas nas que xa as realizou nos pasados meses para expoñer os cambios recollidos en todo o traballo previo e poñer á disposición dos veciños e veciñas o material para que poidan coñecer ata o último detalle do PXOM que se ten elaborado.