Adxudicada á obra de acondicionamento do segundo tramo da rúa Castelao
Fecha: 2017-11-15
O Concello acometerá obras na zona que vai desde o cruzamento de Luís Casais ata a ponte da Toxa.
A Xunta de Goberno Local acaba de adxudicar a obra de mellora da segunda zona da rúa Castelao. Trátase do tramo entre a intersección coa rúa Luís Casais e a ponte da Illa da Toxa que na actualidade conta cun firme en mal estado. Nesa zona acometerase o cambio completo das tubaxes, seguindo o xa iniciado na zona de Castelao que actualmente se atopa en obras, e realizarase un asfaltado que mellore toda a zona. Esta obra foi adxudicada por case 200.000 euros máis IVE, o que supón un custo final de ao redor de 240.000 euros. As obras comezaranse coa maior brevidade e suporán que toda a rúa contará cunha mellora notable logo de moitos anos sen que se acometesen reformas de ningún tipo nela. Desde o Concello do Grove faise especial fincapé na importancia da mellora das redes pluviais e do saneamento, tan necesarias no centro urbano do Grove.