Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Carpa Institucional retoma a súa actividade

Fecha: 2017-11-15

 

 

Logo do parón das Festas de San Martiño, esta semana comeza o programa deseñado para sacar o máximo rendemento a este espazo provisional.

 

A Carpa Institucional do Concello do Grove permaneceu sen actividade a pasada semana sendo empregada como apoio para a ampla programación deseñada co gallo da celebración da festividade de San Martiño. Unha vez rematado este evento, o Concello dá a coñecer a programación deseñada para as vindeiras semanas, concretamente ata o 3 de decembro cando se procederá á recollida desta estrutura.

 

Para estes días están previstos concertos, teatro, actuacións musicais e cine, nunha proposta que pretende confirmar a reivindicación do necesario auditorio para O Grove. A actividade desta carpa complétase grazas á colaboración de varias asociacións culturais, como Os Firrás, Mecos ou incluso a Dorna Meca, quen ocupará o espazo expositivo da carpa cunha mostra conmemorativa dos 20 anos de encontros de embarcacións tradicionais.

 

Como xa se ten anunciado, a carpa tamén servirá de escenario para o I Ciclo de Cine “Feito no Grove” e será o escenario para a entrega do Premio Lueiro Rey de Novela Curta do ano 2017, ademais de servir de espazo para presentar a reedición da obra do escritor O Grove, canción da sal e do vento. Desde o Concello do Grove agárdase que esta programación sexa do agrado dos veciños e veciñas e que participen das actividades neste espazo efémero que permite contar con certas comodidades para desenvolver actos culturais.