Confirmación do inicio do Curso de Monitor/a de Tempo Libre
Fecha: 2017-11-17
O Concello do Grove confirma o inicio do Curso de Monitor/a de Tempo Libre o día 25 de novembro, así como anuncia o seu remate o 17 de marzo de 2018, despois de 200 horas teórico-prácticas. Esta actividade será impartida por AIKA formación. As persoas interesadas en participar que aínda non formalizasen a súa matrícula, poden facelo nestes días, pois as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Segue ofrecéndose a axuda municipal para a xente nova empadroada no noso municipio e que dispoña do carné xove. Esta axuda supón o 50% do custo total do curso, que deste xeito queda en 125 €. O resto de participantes pagarán 250 €.
Quen aínda queira incorporarse ao curso deberá ter os 18 anos cumpridos o día do inicio e posuír o certificado escolar, FP, ESO ou algunha titulación superior.
Para formalizar a matrícula hai que cubrir a ficha de inscrición, presentar unha fotocopia do DNI, do título dos estudos presentados, do carné xove (se é o caso) e o xustificante de pagamento (hai facilidades). Antes de pagar deberán ter a confirmación do Concello de que teñen praza.