A carpa institucional acolle a mostra conmemorativa dos 20 anos de encontros de embarcacións tradicionais
Fecha: 2017-11-21
A exposición está organizado polos Amigos da Dorna Meca.
A Carpa institucional acolle mañá mércores ás 20.00 horas a inauguración da mostra “XX anos de encontros de embarcacións tradicionais no Grove (1997-2017)” que organiza a Asociación de Amigos da Dorna Meca para conmemorar esta sinalada referencia. Desde Dorna Meca inciden en que se trata de lembrar o traballo realizado polos membros da asociación e pola xente da Federación pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), ademais de todas aquelas persoas, colectivos e institucións que, dun ou doutro xeito, axudaron a que o evento se teña convertido nunha referencia na cultura marítima.
Deste xeito a exposición contribúe ao labor que os propios eventos teñen iniciado: a promoción e divulgación do patrimonio mariñeiro. No acto de inauguración estará presente o alcalde do Grove, Jose Cacabelos;, o presidente da Asociación de Amigos da Dorna Meca, José Manuel Triñanes Barral, e membros da directiva e persoas que organizaron os encontros.
Máis información na web da Dorna Meca>