Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Últimas prazas para o curso de monitor de tempo libre que organiza o Concello do Grove

Fecha: 2017-11-23

 

 

As clases comezarán o vindeiro luns e rematarán o 27 de marzo.

 

O Curso de Monitor de Tempo Libro organizado polo Concello do Grove está a piques de comezar. Desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) infórmase de que inda quedan prazas dispoñibles para esta formación de carácter oficial que, ademais, conta cunha subvención do Concello que ascende ao 50% da matrícula.

 

O curso, que ten unha duración de 200 horas teórico-prácticas, será impartido por AIKA formación e o prezo para os mozos e mozas empadroados no Grove con carné xove é de 125 euros. As persoas que non cumpran os requisitos indicados deberán aboar a súa totalidade (250 euros).

 

Para participar é preciso ter 18 anos cumpridos na data de inicio das clases e os interesados poden formalizar a inscrición na OMIX, situada no edificio administrativo.