O Concello do Grove convoca aos veciños e comerciantes da nova vía peonil da rúa Castelao a unha reunión de coordinación
Fecha: 2017-11-28
Os veciños e comerciantes poderán opinar sobre a organización da nova rúa.
O Concello do Grove convoca aos veciños e veciñas e aos comerciantes do tramo peonil da rúa Castelao a unha reunión de coordinación que terá lugar o vindeiro mércores, 29 de novembro, ás 20.30 horas na Sala das Cunchas da Casa do Concello. Trátase dunha reunión que xa estaba prevista logo de anteriores encontros e na que se pretende coordinar cos principais usuarios da rúa aspectos como os horarios e as zonas para o carga e descarga, a organización das zonas de terraza ou sistemas de acceso e informar de cuestións como os aparcadoiros ou os cambios na circulación viaria.
O Concello do Grove lembra que a rúa Castelao se converteu no punto de partida para un plan de humanización do centro urbano do Grove que se completará con obras e actuacións que se emprenderán nos vindeiros meses. Neste plan a colaboración e implicación da veciñanza resulta fundamental e agárdase que a súa posta en marcha permita a dinamización comercial da vila.